|
|
|
|
|
|||||||
|
_____________
|
PROXECTOS
-Solicitar da Xunta de Galicia que o ano 2006, no que se cumpren setenta anos do inicio da guerra civil, sexa declarado oficialmente ANO DA MEMORIA HISTÓRICA, tal como xa se anunciou, así como que se emprendan as seguintes accións institucionais: -Recoñecer publicamente a sinrazón da barbarie fascista
e a dignidade das súas vítimas, a través da rehabilitación
histórica, política, moral e xudicial, así como,
no seu caso, da compensación económica e da devolución
patrimonial.
-Organizar un gran congreso interdisciplinar, cun proxecto
de análise sistemática, sobre a represión en
Galicia. -Elaboración e publicación dunha base de datos de vítimas do fascismo en Galicia, presentando documentadamente, na medida do posible, as súas biografías e as circunstancias da súa morte.
Homenaxear a todas as vítimas do fascismo en Lugo a través da colocación dun monumento na súa honra, deseñado por Isaac Díaz Pardo, nas proximidades do antigo cemiterio da cidade, onde foron fusiladas máis de cento cincuenta persoas, coincidindo co setenta aniversario do inicio do masacre.
Así
mesmo, promoveranse homenaxes máis concretas en reivindicación
de persoas e sectores particularmente significativos, como, a título
de exemplo, os seguintes:
Homenaxear
aos traballadores esmagados a través da persecución
dos sindicalistas e proletarios conscientes, mediante actos públicos
realizados en colaboración cos sindicatos e partidos de esquerda.
Homenaxear ao Doutor Rafael de Vega Barrera en Lugo, médico eminente que modernizou a Sanidade en Lugo dende o seu prestixioso Sanatorio particular e dende a dirección do Hospital Provincial, así como venerado benefactor dos humildes, aos que atendía sen cobrar. Foi fusilado en 1936, acusado pola envexa dos seus competidores profesionais nun escandaloso xuízo sumarísimo e como escarmento atemorizador da poboación por tratarse da personalidade máis relevante e querida do bando republicano lucense. A homenaxe concretaríase nas seguintes accións: -Solicitar que o próximo Hospital de Lugo, en construción, se honre co seu nome e coa súa efixie. -Promover a instalación dun monumento na súa memoria nas proximidades do seu antigo Sanatorio, así mesmo reclamado pola Asociación de Veciños do barrio.
Homenaxear
ao gobernador civil republicano Ramón García Núñez,
único gobernador de Lugo que deu a vida pola provincia, a través
da solicitude de que leve o seu nome unha rúa, praza ou parque,
coincidindo co setenta aniversario da súa morte, pois se dá
o contrasentido sarcástico nunha democracia de que aínda
perduran na cidade denominacións en honra de gobernadores franquistas,
como é o caso da avenida á beira da cal foi fusilado
o gobernador demócrata que os precedeu. Homenaxear ao alcalde republicano Francisco Lamas, que xa ten unha rúa en Lugo, coa presentación dun libro sobre a súa figura que editará Ediciós do Castro nun acto de homenaxe nesta mesma Galería Sargadelos.
Homenaxear á arquiveira Juana Capdevielle, esposa de Francisco Pérez Carballo, gobernador civil de A Coruña, onde foi secuestrada, para aparecer asasinada en Rábade. Denunciaríase e condenaríase así a represión de xénero practicada polo fascismo, a través das seguintes accións, coincidindo co setenta aniversario da súa morte: -Honrar co seu nome un arquivo documental ou biblioteca pública
de Galicia, de maneira preferente o arquivo do Centro para a Memoria
que proxecta a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Homenaxear ao pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, secuestrado en Santiago de Compostela, que apareceu asasinado en Palas de Rei, a través das seguintes accións, coincidindo co setenta aniversario da súa morte: -Colocación dun busto no lugar onde foi abatido.
Homenaxear ao mestre Arximiro Rico, docente exemplar, animador cívico e defensor dos humildes, salvaxemente mutilado e asasinado, a través das seguintes accións, coincidindo co setenta aniversario da súa morte: -Colocación dun busto na súa Baleira natal.
Homenaxear ao xornalista político e cultural Avelino López Otero, fundador das revistas republicanas ¡Ahora! e Guión, falecido a consecuencia da tortura en 1936, a través das seguintes accións, coincidindo co setenta aniversario da súa morte: -Petición da reedición
facsímil das revistas que dirixiu ao Centro para Investigación en
Humanidades Ramón Piñeiro. -Petición de que leve o seu nome algún espazo público ou foro da cidade de Lugo e de Ribeira de Piquín, cuxo concello promoveu el mesmo xunto a seu irmán César López Otero, que foi gobernador republicano de A Coruña e quen tamén debería ser recoñecido.
|