|
|
|
|
|
|
|
_____________
|
PROMOTORES -Manuel
Sarille Lanceiro,
funcionario xubilado e activo publicista da memoria histórica, vítima
da represión xunto a súa familia e irmán de Carmen Sarille Lanceiro,
asasinada aos vinte e dous anos; -Claudio Rodríguez Fer, poeta e escritor da memoria
e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou
cunha tese sobre a literatura da guerra civil, así como fillo de pai
encarcerado; -Carmen Blanco, escritora da memoria da muller e profesora
da Universidade de Santiago de Compostela, neta de avós represaliados
(un depurado no traballo e outro encarcerado e condenado a morte); -Xesús Pérez Regueiro, propietario da Galería Sargadelos
de Lugo, operado na infancia polo Doutor Vega Barrera e anfitrión
de numerosos actos sobre a memoria histórica e cultural antifascista. -María
Xesús Souto Blanco, historiadora da memoria e profesora da
Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou cunha tese
sobre a represión franquista en Lugo, así como sobriña neta de Luis
Souto Neira, asasinado en 1936. |