Logotipo da ADVFAsociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo

_____________

Presentación
Obxectivos
Proxectos
Vítimas
Promotores
Subscrición
Contacto
Ligazóns
Álbum

Versión en español

Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo

 

CURSO DE VERÁN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:

 

"AS VÍTIMAS DO 36 EN GALIZA.
MEMORIA E PAZ PARA SEMPRE"

 

Datas: de 9 a 13 de xullo de 2007
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Lugo
Número de horas lectivas: 30
Director: Claudio Rodríguez Fer

Secretaria: Carmen Blanco

Límite de alumnos: 186

Este curso conta cun cofinanciamento da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo

PROGRAMA

9 de xullo

10:30: Inauguración oficial

11:30: Os escritores galegos e a represión: as musas do medo
Prof. Dr. Xesús Alonso Montero,
catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e estudoso da represión cultural

13:00: Mulleres na resistencia antifascista

Profª. Drª. Carmen Blanco, Universidade de Santiago de Compostela, escritora e estudosa da muller, membro do Consello da Memoria

 16:30: Táboa redonda sobre desfeita e recuperación da memoria galega
Isaac Díaz Pardo
, intelectual polifacético e encarnación da resistencia cultural galega no interior e no exilio, membro do Consello da Memoria

Portavoces das asociacións da Iniciativa Galega pola Memoria

18:00: Represión e memoria galeguista: de Camilo Díaz Baliño a Isaac Díaz Pardo
Prof. Xosé Luís Axeitos
, secretario da Real Academia Galega, estudoso da resistencia e do exilio

 

10 de xullo

 10:00: A represión durante a guerra civil na provincia de Lugo
Profª. Drª. María Xesús Souto Blanco
, Universidade de Santiago de Compostela, historiadora da represión en Galicia

 11:30: Depuración e represión no ensino. O caso do mestre Arximiro Rico
Prof. Dr. Narciso de Gabriel
, catedrático da Universidade de A Coruña, historiador da educación en Galicia

13:00: Persecución de republicanos e masóns
Luis Lamela
, investigador pioneiro da historia da represión en Galicia

16:30: Testemuño de Sofía Andrade e Xesús Pérez Regueiro sobre o Doutor Rafael de Vega Barrera, e outros casos de represión en Lugo

17:30: Testemuño de Manuel Sarille Lenceiro, Presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, membro de familia represaliada, sobre Díaz-Villaamil e o masacre de Montecubeiro.

18:30: Encontro con Esther Varela Casares, neta de Santiago Casares Quiroga, a cargo da Profª. Drª. María Lopo, investigadora sobre María Casares

 

11 de xullo 

10:00: A represión durante a guerra civil na provincia de Pontevedra
Prof. Dr. Dionisio Pereira
, Museo do Mar, historiador da represión e do anarquismo en Galicia

11:30: A represión durante a guerra civil na provincia de Ourense
Prof. Dr. Julio Prada Rodríguez
, Universidade de Vigo, historiador da represión en Galicia

13:00: A represión durante a guerra civil na provincia de A Coruña
Prof. Dr. Emilio Grandío Seoane
, Universidade de Santiago de Compostela, historiador da República e da represión en Galicia

16.30: Encontro coa familia de Humberto Solleiro, asasinado en Vigo, e Urania Mella (filla do librepensador Ricardo Mella), encarcerada en Saturrarán e falecida en Lugo

17:30: Encontro coa familia do sindicalista Francisco Mazariegos e da mestra Mercedes Romero Abella, asasinados en 1936

18:30: Encontro coa familia de Alexandre Bóveda, líder galeguista erixido en símbolo da Galicia Mártir, asasinado en 1936

 

12 de xullo

10:00: A persecución dos socialistas
Prof. Dr. Xosé Manuel Suárez
, historiador da represión en Galicia

11:30: A persecución dos comunistas
Prof. Beatriz Graña Pérez
, docente en Normandía, especialista en mulleres galegas exiliadas

13:00: A persecución dos anarquistas
Prof. Eliseo Fernández
, historiador da represión e do anarquismo en Galicia

16.30: Mugardos “rojo”. A historia de Amada García
Prof. Dr. Bernardo Máiz Vázquez
, historiador da represión franquista e da guerrilla galega

17:30: A guerrilla antifranquista
Lic. Francisco Xavier Redondo Abal
, Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, historiador da guerrilla

18:30: Encontro coa familia de Francisco Pérez Carballo, gobernador republicano da Coruña, e Juana Capdevielle, intelectual republicana, asasinados en 1936

 

13 de xullo

10:00: O camiño do exilio
Profª. Isabel Gómez Rivas
, Universidad Carlos III de Madrid, historiadora do exilio galego

11:30: Memoria da actriz María Casares
Profª. Drª. María Lopo
, Universidade de Santiago de Compostela, ensaísta e estudosa da cultura francesa e do celtismo cultural

13:00: Proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares
Prof. Dr. Lourenzo Fernández Prieto
, director do proxecto e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, membro do Consello da Memoria

17:00: Recital poético Paz Para Sempre
Prof. Dr. Claudio Rodríguez Fer
, poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela

19:00: Km. 526, baseado no texto As costureiras de Claudio Rodríguez Fer.Compañía de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo, dirixida por Paloma Lugilde